Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha mala fin de semana en Turquía complica o título para Jorge Prado

Unha mala fin de semana en Turquía complica o título para Jorge Prado

Sufriu unha caída na primeira rolda e un problema mecánico na segunda

Perde 25 puntos con Febvre pero aínda mantén 67 a dúas carreiras para o final

G24.gal 03/09/2023 16:22 Última actualización 03/09/2023 16:56

Estaba a ser un Mundial de motocrós sen erros de Jorge Prado, pero en Turquía mudou a dinámica do piloto lucense, que complicou a consecución do campionato. Unha caída na primeira rolda e un fallo mecánico na segunda levárono a postos afastados dos mellores, circunstancia que aproveitou Febvre para recortar moitos puntos. 

Foron 25 os que perdeu Prado nun só Gran Premio, pero mantén 67 de vantaxe con dúas probas por disputar (120 puntos en xogo). 

A primeira curva do trazado de Turquía foi fatídica. Saíu ben na primeira carreira pero foi ao chan e logo custoulle arrincar. Tivo que recuperar desde a última posición e chegou ao 13.º posto sumando oito puntos polos 25 dun Febvre que non perdeu a oportunidade para lograr o triunfo. 

Na segunda rolda aconteceu o mesmo. Boa saída de Prado pero a moto quedou parada nesa primeira curva. Foi ata o penúltimo. Comezou outra remonta a carón de Seewer, que tamén caeu, pero só lle deu para ser noveno. O mellor foi o triunfo de Gajser e a segunda posición de Renaux, que lle quitaron puntos a Febvre. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar