Publicador de contidos
Publicador de contidos

Jessica Bouzas enfrontarase a Paula Badosa na primeira rolda do WTA 1000 de Madrid

Jessica Bouzas enfrontarase a Paula Badosa na primeira rolda do WTA 1000 de Madrid

A vilagarciá clasificouse tras derrotar na segunda rolda da previa á estadounidense Sachia Vickery 7-6 e 6-2 en 1 hora e 50 minutos 

G24.gal 23/04/2024 17:24 Última actualización 23/04/2024 17:28

A vilagarciá, de 21 anos, accedeu á primeira hora da tarde deste martes ao cartel principal do Mutua Madrid Open, tras derrotar na segunda rolda da previa á estadounidense Sachia Vickery 7-6(5) e 6-2 en 1 hora e 50 minutos de partido. A súa rival na primeira rolda será, nin máis nin menos, Paula Badosa. O partido xogarase este mércores ás 11:00 na pista central (Manolo Santana). 

A galega, actual número 93 do circuíto mundial, que onte se situaba como terceira mellor tenista española do circuíto profesional tras superar a tamén americana Claire Liu (6-2, 2-6 e 6-4), arrincou con moita forza o seu duelo con Vickery, colocándose 5-2 sobre tres cavas de saque. Pero o seu rival non lle deu tregua nos tres xogos seguintes (5-5) e forzou o tie break tras abortar as tres bólas de set que Jéssica dispuxo ao resto con 5-6 no marcador.

Tras pechar con apuros a primeira rolda 7-6, a vilagarciá colleu vantaxe no terceiro xogo do segundo set rompéndolle o servizo a Vickery. A americana entoou o seu canto do cisne co 2-3, pero xa non puido coa fame de Jéssica Bouzas, que vendo tan de preto a posibilidade de alcanzar o seu primeiro cadro final dun WTA 1.000 levantou un 40-0 en contra e unha cuarta bóla de Vickery para o 3-4, que acabou convertido nun 2-5 letal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar