Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha furgoneta de repartimento atropela un matrimonio en Verín

Unha furgoneta de repartimento atropela un matrimonio en Verín

Unha condutora con coñecementos sanitarios auxiliounos ata a chegada do persoal médico

A Policía Local investiga que puido pasar, entre as hipóteses que o condutor se cegase polo sol

G24.gal 22/02/2022 13:59

O matrimonio cruzaba a estrada as nove da mañá cando foron arrolados por unha furgoneta de repartimento de pan. A parella, de 65 e 67 anos, quedou tendida no chan, malferidos e semiinconscientes.

Foron atendidos polos veciños e por unha condutora que pasaba pola zona con coñecementos sanitarios, ata que chegaron os equipos de emerxencias.

Arestora están no hospital de Verín e o seu prognóstico é grave.

A Policía Local investiga que é o que puido pasar. A escasos metros do atropelo hai un paso de peóns. Investígase se o condutor puido verse cegado polo sol, que a esa hora dificultaba a visibilidade.

Neste barrio de Verín están moi afectados polo acontecido. Tanto o matrimonio coma o condutor son veciños.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade