Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha funeraria da Coruña ofrece xa os ataúdes do Deportivo, coas cores branca e azul

Unha funeraria da Coruña ofrece xa os ataúdes do Deportivo, coas cores branca e azul

A idea xurdiu cando un cliente demandou un féretro branquiazul para o enterro do seu pai

G24.gal 08/07/2024 13:57

Unha funeraria da Coruña xa pode facer realidade ata o derradeiro desexo dos seareiros do Dépor: a partir de agora poderán ser enterrados nun féretro de madeira coas cores branca e azul, como reza o seu cántico: "El día que me muera / yo quiero mi cajón / pintao de azul y blanco / como mi corazón...".

"Si, xa temos o caixón branquiazul. Xa que o canto sempre no estadio... pois fixemos unha homenaxe a todos os meus compañeiros da bancada de Maratón e ao resto do estadio", conta Chicho Álvarez, Encargado de Pompas Fúnebres da Coruña.

Chicho conta que levaban coa idea na cabeza desde hai tempo. Pero que foi a raíz da petición dun cliente, que solicitaba o caixón branquiazul para soterrar o seu pai, cando decidiron levala a cabo.

"Evidentemente, non puidemos conseguilo dun día para outro. Isto non é novo. A xente pídenos enterrar coa bandeira, co escudo... Desas fixemos moitas... e faltaba o caixón. Pois xa o temos", explica Chicho Álvarez.

O que non teñen é o escudo. Pedíronlle permiso ao club para utilizalo e incluílo no deseño, pero a resposta foi negativa.

"Son cousas que pasan. Pero cada un pode poñerlle enriba o que queira...", suxire Chicho Álvarez.

E na rúa, polo que se ve, callou a idea: "Xa tardaban... porque eu vin hai anos o ataúde do Real Madrid...", afirman uns siareiros.

Un xeito de demostrar que o amor polas cores vai máis aló desta vida.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade