Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha foto e a xeolocalización do móbil sinalan o albanés detido polo crime de Salceda

Unha foto e a xeolocalización do móbil sinalan o albanés detido polo crime de Salceda

Florián Rama ingresou en prisión preventiva acusado de asasinar a Soufian Mraha, de 24 anos

Despois de case cinco anos de investigación, foi detido en Londres despois dun altercado coa súa parella 

G24.gal 26/01/2024 14:32 Última actualización 26/01/2024 15:37

Segundo declararon as testemuñas, a vítima de Salceda discutira cun home louro cun forte acento do leste. Unha delas achegou esta foto de perfil, que resultou chave para identificar o sospeitoso: Florián Rama, un albanés con antecedentes por narcotráfico. Outro indicio fundamental foi o seu teléfono, xeolocalizado no lugar e á hora do crime.

"Investigamos nos repetidores telefónicos os teléfonos estranxeiros conectados aquela noite que puideran ter un perfil que cadrara coa foto. A fotografía enviámola ao laboratorio de Madrid para que a analizasen e a comparasen cos outros candidatos que tiñamos seleccionados polos teléfonos, e finalmente Florian Rama deu positivo", explica Tomás García Fernández, o xefe da Unidade da Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra. 

Seguiron a pista do sospeitoso en Portugal e Albania ata O Reino Unido, onde posiblemente se instalou para fuxir de terreo comunitario. Alí, unha discusión coa súa moza detonou a detención, xa que os axentes viron o seu nome na base de datos da Interpol.

"Localizárono nun pobo ao norte de Londres por unha disputa coa parella. Ao mecanizar o nome na base de datos da Policía xa lles saltou a nosa petición e a requisitoria do xulgado do Porriño coa orde internacional de detención e xa foi cando o extraditaron, compareceu e ingresou en prisión", engade o comandante García Fernández.

Na prisión faranlle a proba de ADN para comparalo co sangue que apareceu no lugar do crime. Tamén van investigar se, tal e como sinala a familia da vítima, puidese tratarse dun asasinato planeado e non dun homicidio despois dunha pelexa nun local de copas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade