Publicador de contidos
Publicador de contidos

Unha estudante do instituto de Bande gaña o premio de narrativa oral Tíralle da Lingua

Unha estudante do instituto de Bande gaña o premio de narrativa oral Tíralle da Lingua

O concurso celebrábase en Santiago coas interpretacións do alumnado en directo

G24.gal 17/01/2022 14:05

Unha estudante de ESO gañou na súa categoría o último certame de relato oral Tíralle da lingua. É Ángela Pérez, unha alumna do instituto de Bande a quen, segundo ela mesmo di, puido axudarlle a gañar ser galegofalante.

Co relato "Os chepudos e as bruxas", Ángela gañou o primeiro premio do certame Tíralle da lingua que organiza a Asociación Sociopedagóxica Galega co obxectivo de incentivar e normalizar o uso do galego.

O concurso galego celebrábase en Santiago coas interpretacións do alumnado en directo; estes dous anos de pandemia tiveron que mandar uns vídeos que avaliou o xurado.

Cando lle preguntamos que pensa que foi o que a fixo destacar entre o resto, dinos que a súa fala. Fala na nosa lingua dende pequena cos pais, os avós, na escola e en todos os ámbitos.

Moi salientable é que o IES Aquis Querquenis leva dez anos seguidos gañando algún dos premios deste certame. Segundo o profesor de lingua e literatura galega deste instituto de Bande, axuda que a rapazada é na súa maioría monolingüe.

Tras o premio, Ángela xa está preparando outro relato para participar de novo no Tíralle da lingua deste ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos