Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha empresa ourensá foi pioneira na venda en Internet de cortinas de protección solar

Unha empresa ourensá foi pioneira na venda en Internet de cortinas de protección solar

Comezaron a vender na rede no ano 2005 e foi a primeira tenda España en comercializar estes produtos en liña

Fabrican no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas e a través do comercio electrónico chegan a toda España, a Francia e a Portugal

Din que a súa aposta pola personalización e a calidade é a clave do seu éxito 

Fabrican en Ourense, no Polígono de San Cibrao das Viñas.
G24.gal 07/06/2022 20:13 Última actualización 07/06/2022 20:26

Hoxe estamos afeitos a comprar en liña, pero hai 17 anos era case unha excentricidade. Unha empresa ourensá foi a primeira en España en comezar a vender só por Internet as súas cortinas enrolables. Hoxe os seus produtos chegan a fogares de toda España e a países veciños como Francia e Portugal.  

Xa no ano 2005 esta empresa ourensá que fabrica toda clase de cortinas e produtos para a protección solar de ventás e portas apostou pola venda só en Internet, e foi pioneira.

Era unha aposta polo comercio electrónico, arriscada naquel momento, hai máis de 15 anos, cando non era tan común como agora, pero resultou ser todo un éxito.

O crecemento das vendas en Internet susténtase, din, na calidade dos seus produtos á medida e tamén no respecto polo medio, co uso de tecidos libres de PVC, na reciclaxe e na innovación tecnolóxica.

A fabricación fana nesta nave do Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, onde traballa un equipo dunhas 30 persoas e os seus produtos chegan a fogares de toda España, Francia ou Portugal.

Venden na Internet todo tipo de cortinas de protección solar para portas e ventás. Venden na Internet todo tipo de cortinas de protección solar para portas e ventás.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos