Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha empresa galega lidera o sector das próteses veterinarias

Unha empresa galega lidera o sector das próteses veterinarias

É todo un referente no sector veterinario a nivel internacional

Reciben as radiografías do estado dos seus pacientes e crean o produto

Son líderes do sector en España e queren comezar a expansión internacional

G24.gal 07/02/2022 22:04

A empresa líder en España na fabricación de próteses para animais é galega e converteuse en todo un referente no sector veterinario a nivel internacional.

Reciben as radiografías do estado dos seus pacientes para saber o que se vai necesitar en cada caso.

"É habitual que saian de aquí a media tarde e xa se estea operando con elas ao día seguinte a primeira hora", conta un dos empresarios.

Analizan a mellor solución e comeza o proceso de deseño, fabricación e comercializacion das próteses. Crean novos produtos, como pode ser deseñar un cranio para un can ou unhas extremidades para felinos. Ademais doutros proxectos moi innovadores no mercado creados expresamente para diferentes especies e doenzas en aves, monos, tigres e outros animais exóticos.

Éxitos profesionais que os converteron en líderes do sector en España. Agora xa esperan poder ampliar instalacións para dar saída a uns produtos que chegan a toda Europa e a países coma EUA, Emiratos Árabes ou mesmo Angola.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade