Unha empresa dos EUA quere construír en Lagosteira unha planta de hidróxeno verde
De materializarse, sería o maior investimento industrial das últimas décadas en Galicia
Unha empresa estadounidense aspira a construír no porto exterior de punta Langosteira unha planta de produción e almacenamento de hidróxeno e amoníaco verde. De materializarse, sería o maior investimento industrial das últimas décadas en Galicia.
Poucos son os datos que ata o de agora transcenderon sobre este proxecto, xa que tal e como recolle o Boletín Oficial do Estado está suxeito a estritas cláusulas de confidencialidade.
O que si se sabe é que a través da filial Fisterra Enerxía o maior fondo privado do mundo quere desenvolver aquí en Langosteira este proxecto de enerxía renovable e a Autoridade Portuaria da Coruña xa iniciou o trámite de competencia de proxectos para que outras empresas interesadas poidan presentar tamén a súa documentación antes dun mes.
A produción ecolóxica de amoníaco é un proceso punteiro, de feito aínda non hai plantas comerciais operando no mundo. De cumprírense as previsións, a primeira entraría en funcionamento dentro de dous anos, polo que este proxecto situaría tamén o porto exterior da Coruña en postos de saída.