Unha empresa de Cerceda constrúe parques infantís en máis de 50 países
Contan en Galopín que para fabricar un destes espazos hai que facer un estudo coma o dunha edificación
É raro ver traballar creando, deseñando, construíndo parques infantís. Pero en Cerceda poñemonos diante dun en construción.
"O que vemos é a copa dunha árbore que vai ser un carballo e vai ir para a vila de Carballo", exlica o reponsable de Deseño, Daniel Carvajal
E sorprende ver para onde van ir outros elementos.
"No Oriente Medio e A India demandan madeira polo clima, porque o aceiro inoxidable é demasiado quente para estes países, sobre todo cando falamos de tobogáns", sinala o responsable internacional, Daniel Díaz
Calcular a velocidade dun tobogán é un dos factores. Preguntamos en Galopín que máis.
"Utilízanse cores vivas para os máis pequenos, cores un pouco máis neutras cando imos á adolescencia. E formas figurativas para os pequenos, formas máis abstractas cando van crecendo", aclara Díaz
"Mesmo hai condicionantes coma o tipo de solo, pola cimentación, se é zna sísmica ou non, se hai posibilidad de temporais ou non. Practicamente tes que facer un estudo coma o dunha edificación", apunta o responsable de Edición de Produto, Pablo Buyo
Cando vas ao parque atópaste sempre con alguén, repiten entre o son das máquinas.
"Cando pensas coma un neno pensas no xogo e fas que ao final todo funcione, que esa estrutura de xogo teña un sentido", resume Carvajal
Proxecto deles é o parque Ondas do Mar de Vigo, unha homenaxe a Martín Códax