Publicador de contidos

Publicador de contidos

A edil de Benestar Social de Lugo, tras a queixa de persoal de centros sociais: "Non ameacei con abrir expedientes"

A edil de Benestar Social de Lugo, tras a queixa de persoal de centros sociais: "Non ameacei con abrir expedientes"

"Non hai ningunha denuncia", di, só un escrito dirixido ao alcalde e asinado por varias traballadoras

Explica que detectaron  "infraccións graves que podían terminar nunha apertura do expediente", pero que a súa intención era "reconducir a situación"

Cre que as traballadoras chaman acoso a que se controle o seu traballo

G24.gal 03/10/2025 15:33

A concelleira de Benestar Social e Maiores do Concello de Lugo, Olga López Racamonde, negou ameazar con abrir expedientes a persoal de centros sociais municipais tras transcender a queixa formulada por seis das 16 traballadoras por un suposto acoso laboral.

Rocamonde di que esas acusacións non está xustificadas. Asegura que ela está aberta a resolver o conflito, pero que as traballadoras chaman acoso a que se controle o seu traballo.

"Non hai ningunha denuncia", reiterou ante os medios de comunicación para asegurar que só hai un escrito dirixido ao alcalde e asinado por varias traballadoras.

"Se falta á verdade cando se di que eu ameacei con abrir expediente, é falso, quen o manifeste mente deliberadamente", sentenciou en relación aos feitos que han motivo a queixa.

Así, e en relación ao seu posicionamento tras unha visita a centros, expuxo que manifestou "que as ausencias de postos de traballo e datos erróneos nas axendas eran infraccións graves que podían terminar nunha apertura do expediente".

"Pero que a intención da concellería era reconducir a situación e así o manifestei aos sindicatos, non trato diferente a ninguén, non se fiscaliza a ninguén, non persigo a ninguén", recalcou.

Isto despois de que se fixese pública unha queixa por parte de de seis traballadoras. Desde o consistorio, e cuestionados sobre os motivos da mesma, vinculárona co feito de que a edil lles trasladase ás empregadas a obrigación de "facer o seu traballo de forma correcta".

Agora, e tras o documento recibido en Alcaldía, mantense aberto un expediente no comité de acoso laboral do Concello, do que por agora non hai resolución, confirmaron a Europa Press fontes municipais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade