Cargando resultados...
Unha empresa de autobuses de Mos, colapsada por un erro de Google
Reciben as chamadas da estación de autobuses de Vigo
G24.gal
03/12/2021 13:43
Na empresa de autobuses AUTNA, en Mos, están ao borde do colapso porque reciben todas as chamadas destinadas á estación de autobuses de Vigo dos que buscan en Google.
A situación empeora en datas coma esta de inicio de ponte e con medidas sanitarias cambiantes en Portugal, os responsables de AUTNA non poder dar un bo servizo aos seus clientes por este motivo.
A empresa tentou unha rectificación de todos os xeitos posibles pero ata agora non foi posible. A desesperación mesmo os levou a pensar en contratar un hacker para que rectifique o teléfono