Unha competencia necesaria, por Venancio Salcines
OPINIÓN
Unha competencia necesaria, por Venancio Salcines
O acordo entre o goberno galego e o central supón un avance simbólico, por ser a primeira transferencia de calado que recibimos en dezaseis anos, é estratéxico porque nos permitirá gobernar, baixo a nosa ollada e prioridade, as nosas costas.
Facer unha xestión integrada do dominio público marítimo-terrestre, que ofreza seguridade xurídica ás actividades que os galegos entendemos como estratéxicas é crucial. Non tiña sentido que alguén, a 500 quilómetros de distancia, nos dixera como actuar, o que era bo ou negativo para o noso desenvolvemento social e económico. Neste eido, a norma galega, en boa lóxica, quere salvagardar o carácter estratéxico do uso pesqueiro, marisqueiro e acuícola. Usos necesarios para un desenvolvemento sostible das nosas costas.
Non debemos esquecer que nos mil cincocentos quilómetros de costa, viven 1,5 millóns de persoas, temos 40.000 empregos vencellados ao mar e un impacto económico do 5 % do PIB galego. O normal, o lóxico, é que as competencias foran autonómicas. Un traballo feito.