Cargando resultados...
Unha cadela cae dun barco e chega sa e salva tras nadar dous días no Mediterráneo
Os donos, cidadáns daneses, dábana por perdida

G24.gal
01/07/2022 20:35
Última actualización 01/07/2022 21:04
Algo máis de cincuenta millas náuticas tivo que nadar unha cadela durante dous días para volver coa súa familia danesa.
É a historia de supervivencia de Jolie, que así se reencontrou cos seus donos tras tamaña peripecia.
Viaxaba con eles en barco a semana pasada cara a Eivisa pero caeu no mar por mor dun temporal. Os donos dérona por morta e contáranlle o desgusto á familia.
Dous días despois apareceu nunha praia de Águilas, en Murcia, onde grazas ao seu chip de identificación, policía local e protectora de animais fixeron o posible por este final feliz.