Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha boneca customizada como as Tanxugueiras por unha nena galega faise viral

Unha boneca customizada como as Tanxugueiras por unha nena galega faise viral

Arrasa nas redes e ata unha coñecida marca de bonecas compartiu a súa creación

Esta pequena de Baina segue as Tanxugueiras dende hai tempo

G24.gal 11/02/2022 22:14

A sona que acadaron as Tanxuguerias parece non ter fin. Imos coñecer a unha nena de Baiona que ten unha boneca inspirada nas pandereiteiras ás que segue dende hai tempo.

Personalizouna coa axuda da súa nai, fíxose viral nas redes sociais e ata unha coñecida marca de bonecas compartiu a súa creación.

Un resultado incrible que fixo a Anne famosa no cole coa súa boneca, a mesma que revolucionou as redes, pero esta pequena segue as Tanxugueiras dende hai tempo. 

Tamén ten claro a quen votaría para ir a Eurovisión despois das Tanxugueiras: a Rigoberta Bandini.

Anne xa está equipada para ir ao seu primerio concerto das Tanxugueiras e ten unha mensaxe: 'quere coñecelas porque son as mellores'.

Publicidade
Publicidade
Publicidade