Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha avaría colapsa a circulación de trens de alta velocidade con Galicia

Unha avaría colapsa a circulación de trens de alta velocidade con Galicia

Contra as 19:00 da tarde Adif publicou un chío dicindo que a incidencia estaba solucionada

Algúns trens seguen sufrindo atrasos con respecto ás frecuencias habituais

Adif explicou que se perdeu a tensión eléctrica na catenaria

G24.gal 31/03/2023 19:27 Última actualización 31/03/2023 20:12

A circulación de trens de alta velocidade estivo suspendida na estación madrileña de Chamartín-Clara Campoamor por unha incidencia na explotación ferroviaria contra as cinco da tarde. Isto provocou retrasos nos trens con destino á zona noroeste de España, incluída Galicia, e ás provincias de Valencia e Alacant. 

avaría coincide co primeiro día da operación saída da Semana Santa. Un voceiro de Adif explicou que se perdeu a tensión eléctrica na catenaria, polo que os trens de alta velocidade non podían entrar nin saír da estación.

Un dos convois máis afectados foi un que viña de Valencia e que quedou atrapado no túnel que vai de Atocha a Chamartín, polo que foi redireccionado ata Valdemoro para acceder a Atocha desde alí.

Numerosos usuarios amosaron as súas queixas a través das redes sociais, algúns polos atrasos e outros porque algúns trens quedaron parados a metade de camiño sen poder chegar á estación madrileña.

Un voceiro de Adif recoñeceu que se chegou a interromper temporalmente o acceso ao vestíbulo da estación de Chamartín por razóns de seguridade e co obxectivo de evitar aglomeracións na zona de embarque.

Sobre as 19:00 da tarde Adif publicou un chío dicindo que a incidencia estaba solucionada, pero algúns trens seguen sufrindo atrasos con respecto ás súas frecuencias habituais.

A esta situación sumouse outra incidencia na estación de Atocha-Almudena Grandes, que provocou atrasos duns 15 minutos nos trens das liñass C2, C7 e C8 de proximidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade