Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un vendedor da ONCE de Lugo reparte 815.000 euros nun só día

Un vendedor da ONCE de Lugo reparte 815.000 euros nun só día

Un dos dez boletos expedidos resultou agraciado con 500.000 euros

Félix Aragunde 14/09/2022 14:05

Ángel Iglesias, un veterano vendedor da ONCE que traballa na céntrica praza de Santo Domingo, en Lugo, repartiu nun só día un total de 815.000 euros en premios. Corresponden a dez cupóns do mesmo número, o 10.658.

Nove deles foron agraciados con 35.000 euros, aos que hai que engadir 500.000 máis para o boleto que tiña ese número e mais a serie 007.

Ángel Iglesias, vendedor da ONCE: "Traballando como todos os días, fun vendendo cupóns e coincidiu o número, e dentro deles nun coincidiu o número de serie".

Estes foron os premios de maior contía que repartiu Ángel nas dúas décadas que leva traballando como vendedor de cupóns. Segundo conta, a maioría dos afortunados son clientes habituais.

Ángel Iglesias, vendedor da ONCE: "Algún xa pasou por aquí. Un deles é un cliente que me adoita coller dous cupóns, case sempre co número sete. Ese número xa non me quedaba., pero levou dous do oito. Onte xa viña por aquí rindo".

O maior premio que repartira ata o de agora o mesmo vendedor, correspondente a un cupón expedido hai tres anos, fora de 100.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade