Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Salceda, en estado grave tras ser asaltado nun parque

Un veciño de Salceda, en estado grave tras ser asaltado nun parque

Foi localizado tirado nun parque cun golpe na cabeza

Todo indica que puido ser vítima dun roubo violento, xa que lle faltarían 700 euros

G24.gal 19/10/2022 11:40

Un veciño de Salceda de Caselas está en estado grave na UCI, tras ser localizado tirado nun parque cun golpe na cabeza. Todo indica que puido ser vítima dun roubo violento. O home saíu do centro cultural da vila e volvía á casa camiñando cunha muleta, cando supostamente foi asaltado.

A súa familia saíu a buscalo ao ver que non regresaba ao domicilio. Atopárono malferido e segundo denuncian, faltábanlle 700 euros que levaba enriba.

Á espera de que o home se recupere para tomarlle declaración, a Garda Civil xa ten unha investigación en marcha para esclarecer o suceso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar