Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un veciño de Castroverde converte a súa granxa de coellos nun espazo cultural

Un veciño de Castroverde converte a súa granxa de coellos nun espazo cultural

En maio acollerá un encontro de emprendedores e será a sede da asociación Espalladeira

G24.gal 05/12/2021 20:18

Durante anos Jesús García Juanes criou coellos. Agora xubilouse e, no canto de deixar a granxa para que medrasen as silvas, decidiu restaurala e ofrecela como un espazo de uso público en Castroverde, destinada a eventos culturais e deportivos.

O 1, 2 e 3 de abril aquí vaise celebrar a Carballo-extreme, unha carreira que xa ten máis de 50 participantes. En maio haberá un encontro de emprendedores do rural que compartirán a súa experiencia.

Ademais, estes 600 metros cadrados serán a sede de Espalladeira, unha asociación cultural que creou e dirixiu durante case 40 anos o crego Manuel Varela e que agora dirixirá Juanes.

Ademais, este novo espazo cultural de Castroverde vai contar cun museo no que expoñer algunhas das pezas de madeira que esculpiu o pai de Juanes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos