Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un Valladolid sen gol tentará "aproveitar os defectos do Celta"

Un Valladolid sen gol tentará "aproveitar os defectos do Celta"

O adestrador Pacheta sabe do potencial do equipo vigués, en especial de Aspas

Como local, o Valladolid só marcou un gol en catro partidos

G24.gal 18/10/2022 21:26

O Valladolid chega ao encontro ante o Celta logo da última derrota do domingo contra o Español. Os pucelanos recuperan a Gonzalo Plata e El Yamiq para recibir os celestes. Pacheta debe buscar alternativas ás baixas de Fresneda e Luis Pérez.

O Valladolid só anotou seis goles no que vai de liga. O seu adestrador Pacheta quere un equipo máis vertical e que cree máis ocasións de gol. Saben do potencial do Celta, en especial de Iago Aspas.

En Valladolid só deron gañado un partido, fronte ao Almería e cun gol de Weissmann no minuto 93. Perderon co Vilarreal e co Cádiz e empataron diante do Betis. Pero o dato máis sorprendente é que só conseguiron marcar un gol en catro partidos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade