Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un Valencia moito máis intenso pasoulle por riba ao Breogán (108-61)

Un Valencia moito máis intenso pasoulle por riba ao Breogán (108-61)

O equipo laranxa conseguiu rematar como segundo da fase regular da ACB grazas ao triunfo e o Breogán xa non tiña motivación clasificatoria

G24.gal 30/05/2025 22:36

Un equipo con moito en xogo diante doutro que tiña pouco máis que a honra de rematar o máis arriba posible na clasificación. A intensidade que empregou o Valencia Básket fixo que lle pasara por riba ao equipo galego que se despediu desta ACB cunha contundente derrota (108-61). A combinación de resultados na última xornada deixaron o Valencia como segundo clasificado e un cadro de play off no que evita a Real Madrid, Unicaja ou Barcelona ata a final.

Desde o primeiro cuarto notouse a seriedade coa que tomou Valencia o encontro (25-13) e ao comezo do segundo cuarto xa o tiña case sentenciado (37-16). No descanso a diferenza era de dezaseis puntos (47-31) e no terceiro a vantaxe pasou a ser escandalosa. O Valencia aumentouna ata os trinta puntos (76-43) e acabou sendo case de cincuenta ao final do encontro (108-61). Unha maneira agre de despedir unha campaña na que o Breogán conseguiu o obxectivo da permanencia dun xeito brillante. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade