Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un tribunal indonesio condena os asasinos da galega Matilde Muñoz a 18 anos de cárcere

Un tribunal indonesio condena os asasinos da galega Matilde Muñoz a 18 anos de cárcere

A sentenza correspóndese coa pena que pedira a fiscal Made Saptini a comezos de mes

A Fiscalía acusáraos de homicidio, asasinato premeditado e roubo con violencia

EFE/Foto facilitada pola familia EFE/Foto facilitada pola familia
G24.gal 25/02/2026 07:45

Un tribunal indonesio condenou este mércores a 18 anos de cárcere os dous homes acusados de mataren a galega Matilde Muñoz no seu cuarto de hotel da turística illa de Lombok (Indonesia) o pasado xullo.

A sesión tivo lugar este mércores no tribunal de Mataram (Lombok), onde comezou o xuízo o pasado 17 de decembro, e a sentenza correspóndese coa pena que pedira a fiscal Made Saptini a comezos de mes.

Os acusados son un empregado e un exempregado indonesios do hotel onde se aloxaba Muñoz en Lombok, que admitiron durante o xuízo entrar a roubar á española a madrugada do pasado 2 de xullo no seu cuarto do establecemento e que a mataron tras ela, que daquela tiña 72 anos, entrar en choque ao espertar.

A Fiscalía acusáraos de homicidio, asasinato premeditado e roubo con violencia, delitos que poden carrexar entre 15 anos de cárcere e a pena de morte, aínda que Indonesia non adoita aplicala.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade