Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un total de 46 concellos galegos entran na sexta vaga libres da covid

Un total de 46 concellos galegos entran na sexta vaga libres da covid

A Coruña é a provincia con máis municipios sen casos activos e Pontevedra, a que menos

G24.gal 05/12/2021 13:27

En plena vaga expansiva do virus, Galicia conta cun total de 46 concellos libres de covid, é dicir, sen casos activos. A Coruña é a provincia que máis municipios aporta a esta listaxe, seguida de Lugo e Ourense. Pontevedra é a que menos:

-A Coruña (16): Camariñas, A Capela, Carnota, Cedeira, Cerdido, Frades, Irixoa, Laxe, Mañón, Moeche, Ortigueira, Paderne, Padrón, San Sadurniño, Sobrado e Vilarmaior.

-Lugo (14): Baleira, Begonte, Cospeito, A Fonsagrada, Guitiriz, Meira, Muras, Negreira de Muñiz, Ourol, O Páramo, Riotorto, Samos, Rábade e Triacastela.

-Ourense (14): Beariz, Os Blancos, A Bola, Castelo do Val, Lobeira, Montederramo, Porqueira, Punxín, Quintela do Leirado, Riós, Rubiá, Sandiás, A Teixeira e Vilariño de Conso.

-Pontevedra (2): Catoria e Fornelos de Montes.

Begonte e Rábade

Os concellos con poboacións por baixo das 5.000 persoas evitan mellor a covid. Begonte, con 125 quilómetros cadrados e 3.100 habitantes, é plenamente rural e conta cun núcleo urbano moi pequeno. 

O domingo pola mañá apenas hai movemento. Na rúa atopamos un veciño que, precisamente, vén de poñer a terceira dose da vacina. Coméntanos que a pandemia case non se notou no municipio.

Rábade, con 5 quilómetros cadrados de extensión e 1.600 habitantes, está preto de Lugo e que apenas ten zona rural. O gromo máis importante que houbera neste concello foi en agosto, cando pasaron ao nivel máximo de restricións. Hoxe non hai ningún positivo.

A distancia social e manter as medidas de prevención son o único protocolo que está nas nosas mans para afastar a covid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade