Cargando resultados...
Un terremoto de 4,7 graos sacode Lisboa e os seus arredores
Rexistrouse minutos antes da unha e media do mediodía, hora local

G24.gal
17/02/2025 15:57
Última actualización 17/02/2025 20:55
Un terremoto de magnitude 4,7 na escala Richter sacudiu este luns Lisboa e os seus arredores, informou o Instituto Portugués do Mar e a Atmosfera (IPMA).
O epicentro do sismo, rexistrado ás 13:24 hora local, localizouse a preto de 14 quilómetros ao suroeste de Seixal, nos arredores da capital e na outra beira do río Texo.