Cargando resultados...
Un partido separa o Deportivo do fútbol profesional
G24.gal
11/06/2022 14:27
90 minutos ou quizáis 120 separan o Deportivo da súa volta o fútbol profesional. O Albacete será o último e duro obstáculo para o equipo coruñés. Toda unha final nun ateigado estadio de Riazor que, como ante o Linares, pode ser decisivo.
Nin o ambiente nin a vantaxe do empate trala prórroga van cambiar o xeito de afrontar o partido por parte do conxunto deportivista. Borja Jiménez entende que non é un día para especular.
Nunhas horas, a solución. En xogo, unha praza na segunda división do fútbol español.