Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un parcial de 21-0 no terceiro cuarto acaba co COB

Un parcial de 21-0 no terceiro cuarto acaba co COB

G24.gal 11/10/2022 21:35

O COB perdeu na pista do Estudiantes, un histórico que busca o ascenso no segundo ano na Leb Ouro. O partido quedou definido nun terrible terceiro cuarto no que encaixou o equipo galego un parcial de 21-0. Ao final o resultado foi de 104-86. 

Ata entón vírase un partido igualado, co Estudiantes por diante pero cun COB capaz de dar a réplica. No primeiro cuarto os locais chegaron a ter un +10 (25-15) que os ourensáns deixaron nun só punto grazas a un parcial de 0-9. No segundo cuarto mantívose a igualdade e só no treito final e grazas aos puntos do exbreoganista Kevin Larsen (15 no primeiro tempo) fóronse seis arriba ao descanso (48-42). 

Ía o partido na mesma dinámica (55-48) pero o COB tivo cinco minutos de desconexión que aproveitou o equipo madrileño para poñer un parcial de 21-0 (76-48) que decidiu o partido. Co encontro sentenciado o conxunto galego pelexou por reducir a marxe ata o bucinazo final e mesmo gañou o último cuarto (23-26). 

Impresionante o partido de Kevin Larsen con 18 puntos en 21 minutos e unha valoración de 25. Polo COB Willet e Paco del Águila asinaron 16 tantos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade