Cargando resultados...
Un parcial de 16-0 acaba co Obradoiro en Granada
G24.gal
29/10/2022 21:19
Un igualado partido entre o granada e o Obradoiro rachouse definitivamente no último cuarto, no que os andaluces conseguiron un parcial de 16-0 que xa non obtivo resposta eficaz. Dun 73-77 pasouse a un 89-77 que tentou enxugar o equipo galego nos instantes finais. Faltoulle tempo. perdeu por catro puntos de diferenza (93-89).
Ata daquela, o partido fora moi igualado e incluso foi o Obradoiro o que mandou durante máis minutos. Excelente partido de Rubén Guerrero, dos irmáns Scrubb e de David Walker, que anotou 6 triplas. Philip Scrubb tamén estivo perfecto desde o perímetro con 5 canastras de cinco intentos.
Con este resultado, o Obradoiro queda con 2 triunfos e 4 partidos perdidos.