Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un novo máximo de contaxios eleva a incidencia española a 911

Un novo máximo de contaxios eleva a incidencia española a 911

Castela-A Mancha é a única autonomía que non se atopa en risco moi alto de transmisión da covid

Este aumento non incide de forma abrupta na presión hospitalaria

G24.gal 23/12/2021 21:24

España rexistra por terceiro día consecutivo un novo máximo de contaxios por coronavirus, con 72.912 positivos, tras aumentar en 127 puntos a incidencia, ata os 911 casos.

Este aumento exponencial e descontrolado da pandemia non está a incidir de forma abrupta na presión hospitalaria en planta (6,4 %) e na UCI (16,2 %), que prosegue o seu aumento, pero con décimas cada día.

Segundo os datos de Sanidade, todos os territorios, excepto Castela-A Mancha (428), están no máximo indicador por risco de transmisión, con Navarra (1.750), o País Vasco (1.495), A Rioxa (1.606), Comunidade de Madrid (1.284), Castela e León (1.233) e Aragón (1.217) coas incidencias máis altas.

Dos casos reportados en toda España, 41.433 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, mentres que se certificaron 82 decesos (50 onte). 

A incidencia a 7 días -indicador sobre a evolución dos contaxios a curto prazo- apunta a que proseguirá a escalada da transmisión ao rexistrar unha forte subida de 77 puntos, ata os 563 casos, do mesmo xeito que o adianta a positividade por probas, que segue subindo e pasa do 14,4 % ao 14,6 %.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos