Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un novo ataque á empresa Monbus en Ferrol deixa danos en sete autobuses

Un novo ataque á empresa Monbus en Ferrol deixa danos en sete autobuses

Dispararon, desde fóra das instalacións, e rebentaron 7 ventás e 2 parabrisas

É o terceiro ataque en nove meses a vehículos da empresa 

G24.gal 06/06/2023 13:58

O ataque produciuse na madrugada do luns desde algún punto das leiras que bordean as instalacións nas que pernoitan os autobuses da empresa Monbus en Catabois.

Con 7 vehículos inutilizados, a empresa viuse obrigada a reorganizar os servizos.

Este ataque é o terceiro, co mesmo 'modus operandi', en apenas 9 meses logo do sufrido en Limodre contra un autobús cheo de pasaxeiros en outubro do ano pasado e outro contra dous autobuses do servizo integrado en Betanzos en febreiro deste ano. Desde a empresa aseguran non saber nin o motivo nin quen está detrás destes ataques, que xa foron denunciados á Policía Nacional.

Desta volta os danos ascenden a 8.000 euros. Os autobuses xa foron reparados e o servizo recobrou esta mesma mañá a normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade