Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un mozo vestido de Joker espalla o pánico no metro de Tokyo ao acoitelar varias persoas

Un mozo vestido de Joker espalla o pánico no metro de Tokyo ao acoitelar varias persoas

Sucedeu na xornada en que o Xapón celebra eleccións xenerais

Houbo un incendio que afectou tres vagóns do metro

G24.gal 31/10/2021 20:50

Polo menos quince persoas resultaron feridas nun ataque con coitelo perpetrado por un home nun vagón de tren na capital do Xapón, Tokyio para prenderlle lume despois. O suceso rexistrouse nunha concorrida estación de metro da cidade, xusto cando pechaban os centros de votación para os comicios á cámara baixa do Parlamento nipón.

O incendio afectoulles a tres vagóns do tren. A policía confirmou a detención dun home de 24 anos armado cun coitelo que botou gasolina polo vagón antes de prenderlle lume. Varias testemuñas indicaron que o individuo vestía un traxe de cor morada con camisa verde, semellante ao que utiliza na ficción o Joker.

O home non opuxo resistencia aos axentes. A maioría dos feridos están afectados por inhalar gases tóxicos. Pero hai un home de entre 60 e 70 anos en estado crítico por feridas de arma branca.

O suceso orixinou escenas de pánico dentro do tren e na estación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade