Publicador de contidos

Un morto nun incendio na localidade madrileña de Vallecas

Un morto nun incendio na localidade madrileña de Vallecas

O lume comezou no segundo piso dun bloque de vivendas

Outro home que estaba no piso, recuperado tras sufrir unha parada cardiorrespiratoria

Antón Montero 20/09/2023 19:01 Última actualización 20/09/2023 20:26

Un home morreu ao incendiarse o seu piso no distrito madrileño de Puente de Vallecas. A vivenda, na rúa Antonio Mairena, comezou a arder a media mañá por causas que se descoñecen.

A rápida actuación dos bombeiros do concello de Madrid permitiu rescatar os dous homes que estaban no seu interior, aínda que un deles morrería pouco despois. O outro sufriu unha parada cardiorrespiratoria, pero os servizos de emerxencia lograron salvarlle a vida.

Tamén houbo que atender unha muller por inhalación leve de fume e a catro veciños maiores que sufriron crises de ansiedade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade

Publicador de contidos