Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un morto e catro feridos tras impactar un mísil ruso contra a cociña solidaria do chef José Andrés en Khárkiv

Un morto e catro feridos tras impactar un mísil ruso contra a cociña solidaria do chef José Andrés en Khárkiv

Os catro feridos son membros da ONG World Central Kitchen, fundada polo cociñeiro español, mentres que o falecido non pertence á organización humanitaria

José Andrés lamenta as "matanzas" de civis e sinala que en Ucraína "cociñar é un acto heroico"

A ONG retomou o traballo noutro punto de Khárkiv tras o bombardeo

Edificio bombardeado en Khárkiv (Ucraína) Edificio bombardeado en Khárkiv (Ucraína)
G24.gal 17/04/2022 09:51 Última actualización 15:30 17/04/2022

Catro persoas integrantes da misión de asistencia humanitaria da ONG, World Central Kitchen, fundada polo cociñeiro José Andrés quedaron feridos como consecuencia do bombardeo ruso contra un restaurante na cidade ucraína de Khárkiv. Morreu ademais unha persoa non afiliada á organización.

Os responsables da ONG aseguran nas redes sociais que ningunha das vidas dos feridos corre perigo.

Precisan que se tratou do impacto dun mísil ruso que destruíu a cociña dun restaurante local que traballaba en asociación con eles.

 O director de World Central Kitchen en Khárkiv asegura que cociñar é un acto heroico de valentía. Aparece diante dun edificio destruído, rodeado de cascallos e varios vehículos calcinados.

A organización de José Andrés participa nunha misión humanitaria para preparar comidas aos ucraínos que viven nas zonas liberadas da invasión rusa, e nas fronteiras cara aos países que están ao oeste de Ucraína.

O propio chef lamentou a "matanza" causada polo bombardeo nunha mensaxe en Twitter. "Os ataques rusos contra edificios civís, mercados, igrexas, etcétera, deben terminar", sinalou.

"A xente de Ucraína merece todo o noso respecto e admiración", insiste José Andrés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade