Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un macrooperativo policial no Salnés contra o narcotráfico deixa cando menos 12 detidos

Un macrooperativo policial no Salnés contra o narcotráfico deixa cando menos 12 detidos

O caso, que permanece baixo segredo de sumario, esténdese máis alá da Arousa, con ducias de rexistros

Un home de 31 anos morre dun disparo durante o operativo policial

(EFE/Sxenick) (EFE/Sxenick)
G24.gal 16/06/2026 16:05 Última actualización 16/06/2026 16:39

A actuación policial na que este martes morreu un home en Cambados dun disparo da Policía, deixa polo momento uns vinte rexistros que se iniciaron de xeito simultáneo en vivendas do Salnés.

Porén este operativo contra o narcotráfico, ademais de en Vilagarcía, Vilanova, Cambados e Ribadumia chega incluso á Comunidade de Madrid e a Vigo, onde tamén se realizaron entradas en domicilios.

Segundo informan fontes xudiciais, hai cando menos doce detidos, e a operación, que continúa aberta, está baixo segredo de sumario, coordinada pola Praza 1 dos xulgados de Instrución de Vilagarcía.

Polo momento non está previsto que os arrestados pasen a disposición xudicial nas próximas horas, e as mesmas fontes apuntan a que será o xoves cando comparezan.

De entre os rexistros realizados, transcendeu un nun piso do centro de Vilanova de Arousa, nun edificio de tres plantas con entrada por unha rúa estreita. 

Chamou más a atención a entrada dos axentes nun chalé de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa. Trátase da vivenda dun histórico, Lino Baloiras, un narco que aínda está cumprindo condena. 

Ultimamente, vírono pola casa, suponse que con permisos, pero non hai confirmación oficial de estaba na vivenda no momento no que accedeu a policía.

Un familiar acompañou os axentes durante os rexistros de toda a propiedade, unha propiedade ampla, con varias edificacións, que repasaron palmo a palmo.

O operativo policial, despregado por efectivos do grupo II da unidade de drogas e crime organizado (Udyco) de Pontevedra, despregouse a primeira hora coa colaboración da Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar