Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio obriga a pechar a piscina municipal de Teis durante un tempo

Un incendio obriga a pechar a piscina municipal de Teis durante un tempo

O lume provocou importantes danos materiais no interior das instalacións

G24.gal 29/05/2022 20:43

Un incendio provocou importantes danos materiais no interior das instalacións da piscina municipal de Teis, no concello de Vigo.

O problema principal foi o fume e a carga de calor. Afectaron os espazos de uso público, o que obrigará a pechar o edificio durante un tempo.

O lume puido orixinarse na sala dos contadores eléctricos, na planta baixa, e o fume espallouse a gran velocidade polas instalacións de uso público, é dicir, a piscina, o ximnasio e os vestiarios. 

A planta baixa quedou moi danada. Tamén a piscina, que deberán baleirala. A falta de ventilación natural provocou deflagracións con fume e este causou o desprendemento dunha parte da fachada exterior.

Voz de alarma

A voz de alarma deuna unha muller sobre as once da noite cando limpaba as instalacións. Iso permitiu que actuaran axiña os bombeiros, que tardaron catro horas en finalizar os labores de extinción.

Agora haberá que avaliar os danos e comezar cos traballos de recuperación. Un grave prexuízo para os usuarios destas instalacións municipais de Teis, que deberán ser recolocados.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade