Cargando resultados...
Un incendio nun edificio de Sarria obriga a confinar os veciños do inmoble
Un policía local tivo que ser atendido polos servizos sanitarios por mor do fume
G24.gal
15/08/2025 16:17
Un incendio nun edificio en Sarria causou alarma entre os veciños que tiveron que estar confinados nos seus pisos ata que o lume quedou completamente extinguido.
Un policía local tivo que ser atendido polos servizos sanitarios por mor do fume. O policía xa foi dado de alta e está reincorporado ao seu posto de traballo.
Dase a casualidade de que a beirarrúa diante deste edificio estaba acordoada dende o luns despois de que caese unha pedra da súa fachada.
Os veciños quéixanse do estado do portal.
Dáse a casualidade de que a principios desta semana tamén caeu unha pedra da fachada deste mesmo edificio, polo que a rúa Matías López está parcialmente cortada, o que causa certo malestar entre a veciñanza.
O servizo técnico do Concello de Sarria está elaborando informes e xa se lle reclamou á propiedade do edificio para que arranxe con urxencia as deficiencias.