Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio nun baño obriga á evacuación do IES de Arzúa sen feridos

Un incendio nun baño obriga á evacuación do IES de Arzúa sen feridos

O lume orixinouse na papeleira dun dos aseos do centro educativo e apenas causou danos materiais

 

 

Baño do IES Arzúa Baño do IES Arzúa
G24.gal 11/02/2025 19:33 Última actualización 11/02/2025 19:50

Os alumnos, profesores e outros traballadores do IES de Arzúa tiveron que ser evacuados  tras declararse un incendio nun dos baños do edificio. Tal e como confirmou o 112 Galicia, non houbo persoas afectadas por este incendio, do que se tivo constancia sobre as 11.40 horas.

Foi o persoal do instituto, situado na rúa do Castro, quen alertou a central de emerxencias dun incendio nun dos baños do inmoble. Ademais, nesta comunicación indicaban que estaban a evacuar o edificio e que non había persoas afectadas.

Ao ter coñecemento dos feitos, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) deron aviso aos Bombeiros de Arzúa, á Garda Civil, á Policía Local e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do municipio. Unha vez finalizados os labores de extinción, os bombeiros detallaron que ardera unha papeleira e un dispensador de papel.

Tamén caeron varios azulexos da parede na zona onde se iniciou o lume, mentres que algunha estancia do corredor se viu afectada polo fume, polo que tiveron que ventilar o segundo e o terceiro piso do instituto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade