Cargando resultados...
Un incendio no concello de Cambre calcina por completo un pendello
A intervención saldouse sen feridos e todo quedou nun enorme susto para os propietarios
G24.gal
06/06/2026 09:10
Un incendio na parroquia de Pravia, no concello de Cambre, nun alpendre anexo a unha vivenda estivo a punto de rematar en traxedia.
O lume orixinouse por causas que se investigan e calcinou por completo o pendello, que gardaba ferramentas e diverso material.
A rápida intervención dos bombeiros de Arteixo e do servizo de emerxencias local evitou que as chamas se propagasen á casa principal, que sufriu danos leves pola calor e o fume.
A intervención saldouse sen feridos e todo quedou nun enorme susto para os propietarios.