Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio destrúe o primeiro andar dunha vivenda en Monforte

Un incendio destrúe o primeiro andar dunha vivenda en Monforte

O único inquilino da casa puido saír polo seu propio pé e non hai que lamentar danos persoais

G24.gal 24/10/2022 10:32

Un incendio destruíu completamente o primeiro andar dunha vivenda unifamiliar no centro de Monforte, na rúa Aceña Nueva, a 50 metros do colexio dos Escolapios da cidade do Cabe.

Por sorte, neste incendio non se produciron danos persoais, xa que o inquilino da vivenda puido saír polos seus propios medios.

O 112 recibía o aviso contra as 9 da mañá e mobilizaba os servizos de emerxencias, entre eles, os bombeiros do parque comarcal, que tiveron que traballar intensamente para evitar que as lapas afectasen os inmobles lindeiros porque son casas vellas, con estrutura de madeira, polo que había maior risco de propagación.

Ademais dos bombeiros ata alí desprazáronse efectivos da policía local e de Protección Civil de Monforte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade