Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio causa danos nas instalacións da piscina de Teis en Vigo

Un incendio causa danos nas instalacións da piscina de Teis en Vigo

As lapas comezaron no cuarto de contadores eléctricos o sábado pola noite

Vai ser preciso baleirar a auga da piscina e realizar unha limpeza industrial

As instalacións deportivas de Teis pecharán durante un tempo

G24.gal 29/05/2022 10:54 Última actualización 29/05/2022 15:54

Unha densa columna de fume que saía da piscina municipal de Teis en Vigo alertou os veciños durante a noite e a madrugada do sábado ao domingo. As lapas orixináronse no cuarto de contadores eléctricos.

Unha muller que realizaba traballos de limpeza nas instalacións foi a que avisou pasadas as once da noite de que comezaba un incendio tras percibir un forte cheiro a fume.

Os bombeiros de Vigo desprazaron tres vehículos á zona e contras as tres da mañá remataron cos labores de extinción.

O foco do incendio situouse no cuarto de contadores eléctricos no baixo da instalación, que resultou con graves danos polo fogo e o fume. Parte da fumareda disipouse polo baixo do edificio e outra gran cantidade pola área da piscina, o ximnasio, os vestiarios e a zona administrativa.

Agora vai ser necesario retirar a auga da piscina pola contaminación sufrida e realizar unha limpeza de carácter industrial.

Os bombeiros atoparon atrancos para a extinción como a dificultade para ventilar a zona, xa que as fiestras da instalación carecen de sistema de apertura, polo que tiveron que utilizar ventiladores.

Non houbo ningún dano persoal. Agora investíganse as causas do sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade