Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio causa cuantiosos danos nun restaurante da Residencia, en Lugo

Un incendio causa cuantiosos danos nun restaurante da Residencia, en Lugo

A Policía Científica investiga as causas do lume, que foi sufocado polos bombeiros

Félix Aragunde 11/09/2023 12:43

Arrasado en gran parte do local. Así quedou o restaurante do barrio da Residencia, en Lugo, que se incendiou no seu día de descanso. O lume declarouse á media tarde e axiña se ergueu unha columna de fume negro que superaba os 50 metros de altura.

Tras daren aviso os veciños, ata o lugar desprazáronse cinco coches de bombeiros para sufocar as lapas. Tamén acudiron efectivos de Protección Civil e varias patrullas de policía, que acordoaron a zona.

A traseira do establecemento, onde hai unha terraza, foi a área máis afectada polas lapas. Á espera de seren avaliados os danos, estímase que son dunha gran contía. A Policía Científica investiga agora as causas do incendio.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade