Cargando resultados...
Un incendio calcina de madrugada un 'chiringuito' de praia en Ribeira
Non houbo feridos, pero as lapas destruíron por completo o local

G24.gal
30/07/2023 10:00
Última actualización 30/07/2023 10:32
Un incendio destruíu un chiringuito da praia de Aguiño, no concello de Ribeira. Segundo informa o 112, non houbo feridos como consecuencia do lume, pero as instalacións do bar quedaron calcinadas.
Foi un particular quen alertou do incendio ás cinco e media da madrugada. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Ribeira e Boiro, efectivos da Policía Local e Nacional e membros do grupo local de emerxencias.
Tras case tres horas de traballo, os equipos de extinción lograron apagar o lume, aínda que con graves consecuencias para a estrutura, pois quedou completamente danada.
