Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un incendio na Fonsagrada calcina 65 hectáreas

Un incendio na Fonsagrada calcina 65 hectáreas

Segundo Medio Rural, o lume está xa controlado

Na extinción deste foco participaron un técnico, dous axentes forestais, seis brigadas, seis motobombas e un tractor

G24.gal 18/04/2024 09:17 Última actualización 18/04/2024 09:57

A Consellería de Medio Rural informou de que un incendio declarado no municipio lucense da Fonsagrada calcinou xa 65 hectáreas de superficie na parroquia de Pacios.

O lume comezou ás 22:32 horas da pasada noite. Nos traballos de extinción participaron un técnico, dous axentes forestais, seis brigadas, seis motobombas e un tractor. Segundo Medio Rural, o lume atópase xa controlado.

Extinguido o lume de Entrimo

Pola súa banda, o lume declarado na tarde do mércores no municipio de Entrimo (Ourense) quedou extinguido tras queimar dúas hectáreas dentro do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés.

Neste caso, as chamas déronse por apagadas ás 21,15 horas, unhas tres horas despois de iniciarse na parroquia da Pereira, onde se despregaron un técnico, dous axentes, cinco brigadas, tres motobombas e medios aéreos.

Lembramos que neste momento, están prohibidas as queimas forestais e agrícolas de particulares precisamente por mor do risco de incendios. De feito, a Consellería de Medio Rural suspendeu os permisos concedidos e non outorgará máis ata novo aviso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar