Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reabre a N-120 tras estar cortada de noite por un incendio activo en Ribadavia

Reabre a N-120 tras estar cortada de noite por un incendio activo en Ribadavia

O lume arrasou xa 35 hectáreas

Hai incendios activos tamén en Melón e Palas de Rei

G24.gal 12/07/2022 10:50 Última actualización 13/07/2022 09:35

A estrada nacional 120 que une Vigo e Logroño foi reaberta ao tráfico á primeira hora desta mañá tras permanecer cortada á altura de Barcia durante toda a noite para facilitar o traballo dos medios que tratan de controlar o incendio que desde luns afecta o municipio ourensán de Ribadavia.  

Segundo trasladou na mañá deste mércores a Consellería do Medio Rural, o lume arrasou xa un total de 35 hectáreas desde o luns. Na zona traballaron un técnico, doce axentes, 32 brigadas, 21 motobombas, tres pas, unha unidade técnica de apoio e medios aéreos.  

Tamén continúa activo outro lume forestal iniciado o luns, o que afecta ao municipio de Melón, na parroquia de Quins. Iniciouse na noite do 11 de xullo e as estimacións provisionais cifran en 20 hectáreas a superficie afectada.

Nas tarefas de control participaron ata o de agora cinco axentes, dez brigadas, nove motobombas e un helicóptero.  

Por outra banda, o incendio de Palas de Rei está xa baixo control desde as 2:20 horas deste mércores. O lume queimou 22 hectáreas na parroquia de Cuíña, onde traballan un técnico, cinco axentes, doce brigadas, sete motobombas, dúas pas e un helicóptero. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade