Cargando resultados...
Un home resulta ferido ao saírse da estrada co seu coche en Arzúa
Hai un mes nesta mesma estrada faleceran dúas persoas, ambas de 72 anos
G24.gal
15/01/2026 20:38
Un home resultou ferido ao saír co coche da estrada.
O vehículo saíu da vía e envorcou ata que foi parar a unha leira, onde quedou asentado en vertical.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e un guindastre para poder retirar o coche da parcela.
Hai un mes nesta mesma estrada faleceran dúas persoas, ambas de 72 anos, nun choque frontal entre un turismo e un camión.