Cargando resultados...
Un home e a filla de catro meses falecen nun accidente de tráfico en Almería
Chocaron un coche e unha furgoneta
A nai da cativa foi trasladada ao hospital de Almería
No accidente colidiron unha furgoneta e un coche
G24.gal
12/06/2022 20:26
Última actualización 12/06/2022 21:27
Un home de 22 anos e mais a súa filla de tan só catro meses faleceron nun accidente entre un coche e unha furgoneta no concello de Níjar, na provincia de Almería.
O sinistro produciuse nunha estrada local a tres quilómetros de Campohermoso. Cando chegaron os servizos de urxencias sanitarias só puideron certificar a morte das dúas vítimas. A nai foi trasladada ao hospital de Almería.