Publicador de contidos

Publicador de contidos

Asasinado un home de 54 anos en Madrid durante un ritual esotérico

Asasinado un home de 54 anos en Madrid durante un ritual esotérico

A Policía detivo un home de 34 anos, parella da vítima, como presunto autor do crime

Cravoulle varios parafusos na cara e no abdome mentres celebraban a cerimonia

G24.gal 02/04/2023 20:43 Última actualización 02/04/2023 21:00

O crime sucedeu a primeira hora da mañá do domingo nunha vivenda do distrito madrileño de Puente de Vallecas. A vítima, un home de 54 anos, tiña feridas cortantes na cara e no abdome causadas con varios desaparafusadores.

O suposto agresor é un home de 34 anos que, segundo as primeiras pescudas, era a parella da vítima. Todo comezou cunha forte discusión entre eles, que fixo que a veciñanza alertara o 112. 

"Ata o lugar desprazáronse a Policía Nacional e o 112, que atoparon no interior da vivenda un home de 54 anos, que tiña tres feridas por arma branca, unha na cara e outras dúas no abdome, cunha perda importante de sangue. Tan só se puido confirmar o falecemento desta persoa", explica o portavoz de Emerxencias da Comunidade de Madrid, Javier Ayuso.

A Policía sospeita que o crime está relacionado cun ritual esotérico que estaban celebrando a vítima e o seu presunto asasino, e que foi cometido baixo os efectos das drogas. No piso atoparon varias biblias e libros de esoterismo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade