Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un home de 28 anos acoitela e fere de gravidade a súa parella en Murcia

Un home de 28 anos acoitela e fere de gravidade a súa parella en Murcia

O home, ferido durante o forcexo, permanece tamén no hospital baixo custodia da policía

G24.gal 30/06/2023 18:20

Unha muller de 42 anos resultou con feridas moi graves por arma branca ao ser acoitelada pola súa parella, de 28, no domicilio familiar, situado no  barrio murciano de Javalí Viejo.

A agresión produciuse na noitiña deste xoves. Presenciouna un familiar da muller que chegou á vivenda durante a pelexa e mediou entre eles.

A vítima, que se atopa no hospital Virxe da Arrixaca de Murcia, resultou gravemente ferida e mentres se defendía feriu o seu agresor, que permanece no hospital baixo custodia da policía.

Segundo as fontes, non hai constancia ata o momento de que existan denuncias previas por violencia machista contra o detido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade