Galegos entre os privilexiados que farán a travesía Vigo-Alasca no Queen Elizabeth
Uns 40 viaxeiros, a maioría galegos, serán uns dos afortunados que poderán gozar deste percorrido de luxo de 42 días
Trátase da maior travesía realizada na historia local con Vigo como un dos puntos de saída
De Vigo a Alasca en 42 días. Esta será a travesía do espectacular transantlántico de luxo Queen Elizabeth, que hoxe chegou á cidade. Na maior travesía realizada en Vigo, recollerá aquí un grupo exclusivo de galegos, que pagaron uns 6.000 euros por billete.
A maior travesía realizada na historia local con Vigo como un dos puntos de saída do Queen Elizabeth, que chegou esta mañá á cidade olívica. Unha viaxe de 42 días ata Alasca con escalas en lugares como a illa Gran Turca, a de Aruba no mar Caribe, atravesará o canal de Panamá e a costa oeste dos Estados Unidos.
Unha aventura ao alcance de moi poucos, pola súa duración, pero tamén polo seu prezo, de 5.200 ata case 17.000 euros por billete. Arredor duns 40 viaxeiros parten hoxe desde Vigo, a maioría galegos, e serán uns dos afortunados que poderán gozar deste excepcional percorrido.
No destino, Alasca, agárdanlles 7 días para quedar abraiados da súa paisaxe interior, visitando catro emblemáticas poboacións e dúas navegacións atravesando os glaciares.