Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un golazo de Paula Redruello deixa o Teresa Herrera na Coruña

Un golazo de Paula Redruello deixa o Teresa Herrera na Coruña

O Deportivo Abanca impúxose ao Sporting de Braga por 2-0 na presentación diante dos seus seareiros

G24.gal 09/08/2025 18:48

O Deportivo Abanca impúxose no Teresa Herrera ao Spórting de Braga no partido que servía de presentación desta campaña 25-26 diante dos seus seareiros.

O nome propio do encontro foi Paula Redruello, 'Redru', (2007), que marcou un golazo espectacular no segundo tempo para resolver o partido. 

Antes do minuto cinco xa gañaba o equipo coruñés grazas a un remate de Marisa García. Foi moi superior o Deportivo Abanca que dominou o partido e cada vez que aceleraba era capaz de xerar perigo na porta do equipo portugués. O resultado mentres ía cunha diferenza mínima era incerto ata que chegou a xenalidade de Redru para poñer o definitivo 2-0 demostrando que as canteirás petan á porta do primeiro equipo con forza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade