Cargando resultados...
Un gol anulado a Martín Ochoa no 95 evita a terceira vitoria seguida do Arenteiro co Zamora (0-0)
O equipo galego pisa postos de promoción de ascenso logo de tres xornadas sen encaixar
Foto: @CD_Arenteiro
G24.gal
20/09/2025 21:36
O Arenteiro empatou na casa contra o Zamora, nun partido en que tocou o terceiro triunfo consecutivo coas mans, pero un gol anulado con polémica condenouno á igualada.
No Espiñedo houbo moita visita ao VAR, pero ningún gol legal.
O Zamora empezou forte, pero o que tivo as mellores foi o cadro galego, pero ante os de Arribas case sempre aparecía Fermín.
E na xogada decisiva no treito final do encontro: gol anulado por fóra de xogo tras consulta ao monitor o arbitro Aleksander Angelov Borisov do colexio balear non da validez ao tanto de Martín Ochoa, que non chega a subir ao taboleiro de marcas.